Clínica Dental Dra. Antía Rodríguez Somoza

A súa clínica dental en O Saviñao

A Clínica Dental da Dra. Antía Rodríguez Somoza está situada na provincia de Lugo, máis concretamente no concello do Saviñao. Somos unha clínica dental dedicada á odontoloxía en xeral e ofrecemos unha ampla variedade de tratamentos especializados por parte de profesionais cunha ampla experiencia e formación.

Entre os tratamentos que prestamos na nosa clínica destacan a cirurxía oral, a implantoloxía, a endodoncia, diferentes tipos de ortodoncias (expertas en Invisaling e Sistema Damon), estética dental, próteses fixas ou removibles, oclusión- ATM, odontopediatría, periodoncia e odontoloxía conservadora.

Analizamos o caso de cada paciente de forma individual e ofrecemos un diagnóstico personalizado e adaptado ás necesidades bucodentais de cada persoa que nos visita na nosa clínica dental en O Saviñao. Ademais, ofrecemos orzamentos personalizados dos diferentes tratamentos que levan a cabo os nosos especialistas.

A primeira visita e o primeiro diagnóstico son totalmente gratuítos. Pida a súa cita.

  • Col. nº- 15001469
  • Nº Rex.Sanitario: C-27-001165
Icono de Diagnóstico

Primeiro diagnóstico gratuíto

Icono de Visita gratuíta

Primeira visita gratuíta

Icono de Urxencias

Urxencias 24 horas

Icono de Tratamentos

Variedade de tratamentos

Icono de Aparatoloxía

Aparatoloxía de calidade

Persoal especializado

O persoal da nosa clínica dental conta con moitos anos de experiencia no sector e cunha ampla formación que segue crecendo día a día. Continuamos aprendendo sobre as novidades técnicas do mundo da odontoloxía e incorporamos na nosa clínica o último en aparatoloxía para ofrecer os mellores tratamentos aos nosos pacientes.

Somos tres profesionais especialistas en diferentes tratamentos:

  • Antía Rodríguez Somoza: especialista en endodoncia e cirurxía oral.
  • Anabel Yáñez Busto: experta en cirurxía oral e implantoloxía.
  • Mari Carmen Palanques Ortí: especialista en ortodoncia e odontopediatría.
Saber máis

Os nosos tratamentos

Na Clínica Dental Dra. Antía Rodríguez Somoza levamos a cabo unha ampla variedade de tratamentos tanto para adultos como para nenos. Contamos con especialistas en diferentes ramas da odontoloxía para poder ofrecer o mellor a cada paciente que nos visita buscando unha solución a algún dos seus problemas bucodentais.

Na nosa clínica traballamos con profesionais especialistas en cirurxía oral, implantoloxía, ortodoncía e odontopediatría. Así mesmo, prestamos tratamentos de endodoncia, estética dental, prótese, oclusión- ATM, periodoncia, odontoloxía conservadora, etc.

Saber máis
  • Cirurxía oral
  • Implantología
  • Endodoncia
  • Estética Dental
  • Ortodoncia: Invisaling e Sistema Damon
  • Próteses fixas ou removibles
  • Oclusión- ATM
  • Odontopediatría
  • Periodoncia
  • Odontoloxía conservadora

Traballamos con seguros privados

Na Clínica Dental Dra. Antía Rodríguez Somoza traballamos con diferentes compañías de seguros médicos privados para ofrecer a todos os nosos pacientes os mellores servizos e tratamentos. Os pacientes asegurados a través destas compañías poden acudir á nosa clínica para realizar diferentes tratamentos así como beneficiarse do noso servizo de urxencias 24 horas.

Adeslas
Santa Lucía
Previsora Bilbaína
Gira dental
Canal Salud 24h

Nosas instalacións:

Estamos no facebook

Servizo de urxencias 24 horas: 689 561 701

En caso de urxencia, non dubide en contactar connosco neste número de teléfono. Atendemos urxencias 24 horas durante os 365 días do ano. A saúde bucodental cobra unha gran importancia, por iso prestamos este servizo a todos os pacientes que o poidan necesitar ao sufrir calquera tipo de accidente.

689 561 701
Proxecto cofinanciado por Igape, Xunta de Galicia e Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional do Programa Operativo 2014 - 2020